Aviso: Para informar de incidencias, pregámosvos que nos facilitedes toda a información que poidades, como o clube do que sodes delegados, a división na que tedes problemas e o equipo do que tedes que gravar resultados. Agradeceríamosvos tamén que nos dixésedes exactamente os pasos que seguistes e o paso no que atopastes o problema.
Delegados: ao identificarvos e irdes á liga do voso equipo, veredes unha icona xunto ao posto do voso equipo na que tedes que clicar para engadir os resultados das xornadas. A continuación veredes os datos do voso equipo, que podedes modificar, e xunto ao título "Equipo" aparece "Xornadas", onde podedes engadir as actas.